jueves, 21 de octubre de 2010

Unha das nosas experiencias en psicomotricidade

Boa tarde a todos e a todas dende Verducedo! Esta escola, este lugar, onde día a día acollemos aos vosos pequenos con tanto agarimo, con tanta entrega, cos nosos mellores sorrisos e as palabras máis doces.
Apenas era media mañá e os cativos de 3 anos xa estaban traballando.
Hoxe, en psicomotricidade, fomos á lúa. Sí, sí!, á lúa!
Entramos todos á aula caladiños, cuns simulados zapatos de algodón reservados para estas ocasións especiais nas que cambiamos de habitáculo.
Sentaron todos, miráronme... con eses olliños que preguntan qué imos facer hoxe. Ficaron calados. Aproveitei a ocasión para explicarlles a actividade e deille as pautas a seguir para ir un por un tumbarse ás colchonetas. Unha vez todos alí, pechamos os ollos, apagamos as luces e iniciamos a nosa viaxe á lúa.
- Fixemos un exercicio de relaxación e á vez estimulamos a súa imaxinación e linguaxe oral-.
"Estimaaaaaados nenos e nenas. Hoxe imos ir de viaxe. Quero que vos poñades as vosas mellores galas e que pensedes todos como saimos voando da escola, pouquiño a pouco, caladiños... chegando pouco a pouco á lúa.
A lúa é redonda, branca... e sabedes a que ule?"
Aquí atopámonos con moitas respostas diferentes; tantas como nenos e nenas.
Ao igual que ao preguntar qué hai na lúa.
Escoitamos uns pasos; estes eran en realidade golpes pequenos co tambor.
"Quen ven?, serán meigas?, serán fadas ou ananos? NON!, SON AS MESTRAS DA ESCOLA DE VERDUCEDO!"
Os nenos foron enumerando ás mestras e pensando en nós con simpáticos disfraces. Así matinaron e vestiron á profe Luisa de galo, á profe Ana de princesa, a Eva de tartaruga, a Nieves (a teacher de inglés) de pegamento e a mín (Lorena) de bombeira.
A sesión de clase foi rematando e pedíuselles que imaxinasen cómo se ían despedindo das profes. Logo, un a un foron marchando da lúa, caladiños, fixeron o tren, despedímonos cun forte aplauso e voltaron á súa aula para outra sesión (esta de English!).
Outro recordo máis, unha nova experiencia...
Grandes bicos,
Lorena.

No hay comentarios:

Publicar un comentario