jueves, 4 de noviembre de 2010

ASAMBLEA XERAL


Onte, mércores realizamos a nosa terceira asamblea xeral comunitaria. Todos estivemos moi atentos e participamos da escoita dunha magnífica historia utilizando a técnica xaponesa do Kamishibai. Sorprendeunos abondo, porque era como un pequeno escenario de madeira onde se insiren ilustracións que se van cambiando a medida que se conta a historia.

As que nos contaron o conto foron a profe Eva e a profe Luísa.


Aquí podedes ver unha foto dese momento.

Estamos desexando que chegue o próximo mércores a ver que sorpresa temos...

No hay comentarios:

Publicar un comentario