martes, 2 de noviembre de 2010

Breves orientacións

A psicomotricidade é un área fundamental para traballar cos máis pequenos. Favorece a adquisición da linguaxe oral.
Dende a escola invitámosvos aos pais a realizar cos vosos fillos, na casa, actividades para favorecela.
Os exercicios que podedes realizar, estarán orientados a favorecer a discriminación visual e auditiva, o coñecemento e dominio do esquema corporal, a motricidade fina, a coordinación dinámica e o equilibrio, a coordinación óculo-manual, a organización espacial e temporal e unha correcta motricidade buco-facial.
Podedes realizar todos cantos se vos ocorran.
Se tedes algunha dúbida e queredes consultar algo, facédeo no centro.
Unha aperta!
A mestra de AL.

No hay comentarios:

Publicar un comentario