miércoles, 1 de diciembre de 2010

CONCERTO MAMACABRA

O día 24 de novembro fomos ao Pazo de Cultura de Pontevedra a ver un marabilloso e divertido concerto do grupo de música infantil Mamacabra, que está formado por sete músicos: batería, percusión tradicional, frautas e gaita, baixo eléctrico, acordeón, guitarra eléctrica e voz.
O seu repertorio baséase en poemas de Gloria Sánchez, Ana María Fernández, Concha Blanco, Antonio García Teijeiro, etc., aínda que tamén teñen cancións propias ou temas que adaptan do noso folclore. Aquí podedes ver como foi esta nova andaina.

No hay comentarios:

Publicar un comentario