Hoxe, despois de tanto traballar, conseguimos rematar a nosa castaña.
Que bonitiña nos quedou! Con eses olliños tan lindos e un gran sorriso dan ganas de comela. Pero... non o faremos! Darémoslle moitos aloumiños e sacarémola a pasear, pois para iso lle puxemos braciños, longas pernas e uns zapatos moi moi fashion!
Aimara, Pablo e Luis coa castaña.
Pedro, André e Elena mostran a castaña.
Así de ledos marcharon os nosos nenos e nenas para a casa. Mañá temos magosto!
No hay comentarios:
Publicar un comentario