viernes, 5 de noviembre de 2010

POLO SAN MARTIÑO...

O vindeiro mércores día 10 de novembro imos celebrar a festa do magosto na nosa escola. Será unha data moi especial da que participaremos os nenos e nenas, as familias e as profes. Xa estamos realizando diferentes actividades nas aulas, pero esta fin de semana levamos para casa unha pequena castaña para decorar e personalizar ao noso gusto. Podemos utilizar e combinar diversas técnicas, pois sabemos que as nais, pais, avós e avoas dos nosos alumnos/as teñen moita imaxinación. Por detrás escribiremos un refrán ou dito, adiviña... relacionado co magosto. Estamos seguras que os avós e avoas de Verducedo coñecen moitos porque son moi sabios!.
Haberá que traer tamén unhas pouquiñas de castañas picadas e uns pauciños para facer o lume.


E con moito, moito cariño pedimos axuda de algún voluntario ou voluntaria para asar semellante manxar.


Dende o cole de Verducedo damos as grazas e enviamos un bico grande para todos e todas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario