lunes, 15 de noviembre de 2010

XA CELEBRAMOS O MAGOSTO

Queridas familias!!!

O pasado mércores día 10 de Novembro celebramos coma tódolos anos o noso magosto. Xogamos, lemos contos, comemos castañas quentiñas e...rimos moito!!

As profes queremos agradecer aos nosos castañeiro, ao papá de Antón, o papá de Joel, o papá de Pablo, a avoa de Uxía e todos os que botaron unha man. Grazas ao papá de Raúl, de 3 anos, por facernos o bidón para asar. Tamén moitas grazas ao padríño de Antón por traeres ao seu poni e montarnos a todos. ¡¡Qué ben o pasamos!!

Grazas a todos por colaborar e traer leña e castañas. A verdade é que é un gusto traballar nun cole así, onde todos estades dispostos sempre a botar unha man!!

¡¡¡Sodes estupendos!!!

Ata a próxima festa!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario