jueves, 20 de enero de 2011

ASAMBLEA XERAL

Como todos os mércores tivemos asamblea xeral, e esta semana o tema tratado foi a vindeira celebración o 30 de xaneiro do día da Paz. Estivemos falando do que é para nós a PAZ e que cousas facemos na casa e no cole que poden ser de paz ou non.
Logo vimos unha pequena curtametraxe do colectivo Entreculturas que se titulaba "Queres xogar comigo?". Sorprendeunos moito a historia dos seus protagonistas Kalz, Tim, Poli e Media; pois algún de nós sentímonos identificados coa aventura que lles pasa a estes amigos.


Aquí estamos vendo a curtametraxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario