jueves, 27 de enero de 2011

DE NOVO PATCH...

De novo onte mércores 26 Patch andivo de ruta polas casas dos nosos nenos e nenas. Estivo con Laura, Antón e Rubén.
Laura contou que Patch andivera en bicicleta, que tamén fora en "car" e a casa da súa avoa. Cantaron as cancións e finalmente Patch durmiu con Laura.
Laura e Patch á beira do globo terráqueo, por iso das viaxes...
Antón dixo que pasara un bonito tempo de lecer con Patch e a súa mamá. Que cantaron e se divertiron moito. Só hai que ver o happy, happy que está Antón!

Antón cun gran sorriso e Patch.

Patch e Rubén tamén pasaron tempo xuntos. Rubén contou que foran a casa dos avós, e que logo descansaron.

Rubén e Patch dánse a man.

No hay comentarios:

Publicar un comentario