jueves, 17 de marzo de 2011

PROTAGONISTA DA SEMANA

Ola a todos e a todas!
Na clase dos pintores comezamos a traballar co "Protagonista da semana". E temos que dicir que lle tocou a Ángela. E para que souberamos da súa infancia e dos seus gustos, trouxo a ensinarnos cousas que eran importantes para ela. Un vestido moi elegante dunha acontecemento especial, un boneco, o seu albume de fotos favorito, os contos e dvds cos que se entretén e por suposto a música e o baile da nosa terra co que Ángela e nós tanto disfrutamos.
Angela sentada á beira dunha foto da súa infancia.
Tamén escolleu un dos libros da biblioteca do cole que mais lle gusta"Cambiar y crecer de oruga a mariposa" para facer unha foto. Énchenos de ledicia que esta pequena bolboreta quixera compartir todas estas cousas con nos. Grazas Ángela!



Ángela co seu libro do cole favorito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario