lunes, 28 de marzo de 2011

PROTAGONISTA DA SEMANA

A semana pasada o noso protagonista foi IKER. Trouxo varias cousas das que é un apaixoado. Unha delas a camiseta do seu equipo favorito, pois Iker gústalle moito o fútbol e é un grande xogador do equipo do colexio.Tamén trouxo fotos, xoguetes, libros...



Iker cun dos seus xoguetes.

Contounos moitas cousas e presentounos a súa familia: a súa irmá maior Yanira e a súa nai Maira. E por suposto a mascota da casa que causou sensación. Grazas a IKER e a súa familia por compartir este fermoso momento con nos.


Iker coa mascota, Yanira e Maira na clase.

No hay comentarios:

Publicar un comentario