viernes, 8 de abril de 2011

PROTAGONISTA DA SEMANA

A protagonista desta semana é LÍA.

Lía amosounos con moito amor todas as cousas das que disfrutou sendo pequena. Con moito agarimo falounos de "O seu libro de bebé", o conto de "Blanquita" , da roupa de recén nacida e dos fermosos vestidos de cando ía crecendo. Ensinounos ao seu peluche, e afirmou que para ela o máis divertido era bailar e xogar cos seus amigos.



Lía no recuncho da protagonista da semana.

Pero, sen dúbida, do que máis orgullosa se sente é da súa familia. Falou de cando xoga co seu irmán pequeno Airas, de María a súa nai e presentounos cunha grande dozura ao seu pai Ignacio e todas as marabillosas cualidades que ten. Dende o cole de Verducedo LÍA quere enviarlle un grandiiiiiiisimo BICO e que esperamos ansiosamente o seu regreso.



Lía e o seu pai. Encantadores!!!


Grazas familia por axudar e compartir estes momentos con nós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario