Este pasado venres visitáronnos no cole animais do mar. O papá de Pedro trouxo unha sorpresa. Un ratiño antes da hora de írmonos apareceu pola porta da clase e: SORPRESA!!!!!! traia animais, nécoras, estrelas de mar, ourizos, un boi de mar...
Disfrutamos moito da súa visita e xa vedes que todos estades sempre invitados e podedes traer as sorpresas que vos parezan. EStamos moi agradecidos.
Gracias DITO e ata a próxima!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario