lunes, 9 de mayo de 2011

PROTAGONISTA DA SEMANA

A protagonista desta semana é UXÍA RÚA.

Uxía trouxo moitas cousas para o seu recanto que nos foi amosando ao longo da semana. Como podedes observar a Uxía gústalle moito xogar e ten unha grande colección de bonecos e bonecas de todos os tamaños. Tamén nos mostrou fotos da súa familia e un vestido moi lindo, case como de princesa. Unha das cousas coa que mais disfruta e pintando debuxos co seu pai e a súa nai, e logo decora con eles as paredes da casa. Fixádevos que autorretrato tan ben feito realizou!


UXÍA no recanto da protagonista da semana.

Contounos que lle gusta moito escribir, ler e xogar cos seus compañeiros e compañeiras da clase. O seu conto favorito é o de "Cincenta" e a peli que máis lle gusta é "As 12 princesas bailarinas".


UXÍA RÚA lendo un conto aos seus compañeir@s.

Grazas UXÍA por compartir todas estas cousas con nós. Eres unha gran artista!

No hay comentarios:

Publicar un comentario