martes, 21 de junio de 2011

O PROTAGONISTA DA SEMANA

E chegamos ao último protagonista da semana, ISAÍAS.


Isaías trouxo ao cole moitísimas cousas do seu país natal "Etiopía". Cousas que descubrimos por primeira vez e que nos sorprenderon moito. Un pano típico, un colgante de asta, e dúas pulseiras, unha de púas de porcoespiño e outra de asta de ñu. Fantásticas! Foron unha das grandes atraccións do recanto de Isaías.






Isaías no seu recanto coas súas cousas e o seu magnífico autorretrato!




Pero... tamén puidemos coñecer dos seus hobbies, como o de disfrazarse de "Spiderman", os xogos de Ben Ten, os Bakugan, os Gormiti e os "cars". Dixo que todo isto o comparte co seu irmán Josete, o compañeiro de aventuras da súa casa, e que fan un bo equipo. No cole, ten paixón polas motos e vóltase tolo co fútbol, pois é un grande xogador. Amosounos con moita delicadeza o seu conto favorito "Cuéntame otra vez la noche que nací", pero dixo que o mellor de todo é que disfruta moito, moito, moito coa súa familia porque é moi divertida!!





Isaías mostrando o seu conto. Que atentos están!




Isaías presentando os xoguetes aos seus compañeir@s.




Pero Isaías non so trouxo esas cousas para o seu recanto, senón que coa súa chegada viñeron a curiosidade, a imaxinación, o agarimo, a alegría e a diversión, instalándose dende o primeiro día nos nosos corazóns.
Grazas a Isaías, Josete e a súa familia por compartir todo este ano con nós! Kisses.

No hay comentarios:

Publicar un comentario