martes, 20 de marzo de 2012

ESPECTÁCULO BRUM

O martes 20 tivemos día de excursión. E fomos á Fundación Barrié de la Maza, en Vigo. Puidemos ver unha obra de teatro chamada BRUM a cargo de Teatro Compagnia Drammatico Vegetale, que viñeron desde Italia para representala. Non puidemos sacar fotos durante o espectáculo e, por iso, non vos podemos ensinar moitas fotos, pero algunha si. Ó rematar a función tivemos que coller un papeliño dunha caixa e a cada un tocounos algo distinto... Pero non volo imos dicir. Así, se vós ides, tamén levaredes unha sorpresa!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario