martes, 10 de abril de 2012

BÚSQUEDA DOS OVOS DE PASCUA

O venres antes das vacacións, as profes propuxeron facer un xogo. O coelliño de Pascua, a noite anterior, deixara unhas pistas nuns sobres para atopar un agasallo. Por iso, fixemos 6 equipos de 6 nenos e nenas cada un, e representado por unha cor: azul, verde, laranxa, rosa, vermello e amarelo. Había que pasar unhas probas e seguir as pistas para atopar unhas pezas de puzzle. Ó xuntalas todas descubrirían onde estaban agochados os agasallos. Foi moi divertido!

1 comentario:

  1. que ben o pasamos!! O único malo...que eu non tiven OVOS!!! Jjajajaa, o ano que ben n on pasa, chocolate tamén para as profes!!

    ResponderEliminar