jueves, 1 de noviembre de 2012

SAMAÍN

Cando chegamos o luns ao cole … descubrimos que … ¡¡na porta había moitiiisimos morcegos!!.

 
 
Algo pasaba, a cortina negra da porta facíanos pensar “¿entro ou non entro?”
 
e despois de envalentonarnos para cruzar por aquelas cintas negras …
 
 ¡chegou o primeiro susto!
¡un esqueleto que se movía!
 
 
 
O noso cole  estaba transformado nun lugar terrorífico con teas de araña, morcegos, pantasmas e bruxas  ...¡por todas partes!
Pouco a pouco foron chegando das nosas casas cabazas que daban moito medo e foron completando a nosa ¡gran exposición!.
 
 
E... aínda que o primeiro día levamos un gran susto e tivemos que aguantar a respiración ao entrar, logo afixémonos a aquel recanto de medo e aproveitamos calquera ocasión (cando íamos a coller a mochila, cando entrabamos para ir ao baño…) para facerlle unha visitiña e pasar un ratiño nel.
Dende aquí, as mestras queremos agradecervos a vosa colaboración nesta gran festa
¡Moitas grazas familias!

1 comentario:

  1. Qué bonito os quedó el cole por el samaín....estaba espectacular...un grandísimo trabajo!!!! Gracias por participar y dejarnos participar tanto del cole...besos...

    ResponderEliminar