jueves, 31 de enero de 2013

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Onte conmemoramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, dende o noso cole, cada día traballamos por unha educación por e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respeto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a Paz.
Levabamos xa uns días preparando a decoración do cole para esta gran conmemoración.  Coas nosas familias fixemos gotas de chuvia con mensaxes de paz e cos compañeir@s  pintamos uns bonitos símbolos de paz, para facer un fermoso arco da vella.
Logo decidimos escribir unas mensaxes de paz para soltalas a voar … ¡cuns fermosos globos de cores! e …
¡hoxe por fin chegou o día!
Á hora da merenda todos os nen@s e profes disfrutamos dunha chocolatada ¡xuntos!,  logo saímos ao patio para xogar e soltar os nosos globos de paz … ¡a voar!  e … poidemos salvar a algúns deles dos atrancos que atoparon na súa viaxe e seguro que o vento desta noite acabará de soltar aos que quedaron atrapados … ¡nas ramas!
Mirade, mirade…

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Customize your own presentación

No hay comentarios:

Publicar un comentario