jueves, 26 de marzo de 2015

CAIXA DE SOPRO!

Este venres os nenos levarán para casa, unhas cestiñas con diferentes xoguentes. Todos eles potencian a intensidade e control do sopro, aspectos esenciais para a mellora da fala. Deixámosvos algunhas ideas por se queredes xogar na casa.

LABIOS

-Soprar despaciño e continuado simulando ser o vento
-Soprar dando golpes de aire
-Soprar como o vento intercalando ráfagas fortes


 PALLIÑAS

-Intentar despeinar a persoa coa que estamos xogando
-Tapar a palliña para que non sala o aire
-Facer burbullas con auga
-Coller auga na palliña, sen tragala, e deixarla caer coma unha fonte


MATASUEGRAS

-Abrilo e pechalo moi rápido
-Intentar mantelo aberto todo o tempo posible
-Desenrolar e enrolar pasiño a pasiño, moi despacio
-Facelo soar


PIPA

-Facer mover a pelota sen que suba
-Subir todo o posible a pelota
-Facer caer a pelota o chan




No hay comentarios:

Publicar un comentario