lunes, 30 de marzo de 2020

ENGLISH TIME


Hello hello!! How are you? Esperamos que estedes tod@s pasando estes días o mellor posible :)
Hoxe queremos achegarvos algúns recursos de inglés que, se vos apetece, podedes empregar na casa.
Nas clases de inglés traballamos moito con CONTOS, historias que nos permiten traballar vocabulario, expresións, valores... Contamos contos pensados para aprendices de inglés, pero tamén historias escritas para nen@s nativos, xa que estas segundas son as que presentan unha maior riqueza lingüística e mellor sonoridade, ritmo e rima.
En torno ás historias de Pete the cat and his white shoes, The color monster, The very hungry Caterpillar e The very busy spider xa propuxemos algúns #retos. Pero hai moitos máis contos da nosa biblio que aos nen@s lles encantan, e que agora podedes ver na casa:
Brown bear axúdanos a descubrir as cores e os nomes dalgúns animais:
Handa’s surprise repasa nomes de froitas e animais da sabana:
Giraffe’s Can’t Dance, para aprender nomes de animais, tipos de baile... e a importancia de crer en un mesmo:
Rainbow fish aprende a compartir as escamas brillantes que solo el ten, e danos unha preciosa lección de xenerosidade:
Mixed up chameleon ensina a importancia de querernos a nós mesmos e non tratar de imitar aos demais... e repasa máis nomes de animais!


Así mesmo, a editorial Barefoot Books ten unha lista de reprodución  no seu canal de Youtube onde podedes atopar todos os vídeos dos seus libros; os libros con CD de inglés que van nas mochilas viaxeiras. Preme na imaxe para acceder á lista:


Outro recurso importantísimo para a aprendizaxe do inglés son as CANCIÓNS. Compartimos algunhas das que máis éxito teñen no cole, preparádevos para cantar e mover o esqueleto!














En clase tamén xogamos moito con XOGOS de cartas, xogos de atención, rapidez... De seguro teredes máis de un na casa, podedes adaptalos e xogar en inglés, así evitamos o uso excesivo das pantallas. Por exemplo, o Grabolo, aproveitade para traballar nomes de animais e cores.

De todos xeitos, comparto un recurso fantástico do Ministerio de Educación para traballar vocabulario sobre comidas, roupa, animais, etc. Todos os bloques temáticos traballan cos mesmos exercicios: unir obxecto e sombra, formar parellas, escoitar e seleccionar... fáciles e intuitivos, e fantásticos para traballar o inglés oral:


Por último estaría o traballo de mesa. Normalmente, en clase facemos algunha MANUALIDADE relacionada cos contos que traballamos. Non vou a propoñer ningunha en concreto, porque poden necesitarse materiais que non teñades na casa. Pero douvos unha idea: podedes buscar en internet o nome do conto seguido da palabra crafts ou activities (por exemplo: the very hungry caterpillar crafts) e descubriredes centos de ideas. Moitas delas empregan material de refugallo, co que a actividade levaría dobre beneficio: aprendizaxe e redución de residuos ;)  

Tamén facemos FICHAS relacionadas cos contos onde teñen que secuenciar, asociar… nunca traballamos o inglés escrito.
Como comentamos o outro día, a lectoescritura en inglés na etapa de Infantil está totalmente contraindicada (interferiría na aprendizaxe da escrita do seu idioma materno e obstaculizaría a correcta adquisición do inglés oral e a súa fonética, que é o que nos interesa nesta etapa). De todos xeitos, ante unha situación totalmente extraordinaria, imos saltarnos a norma. Para os maiores do cole que demanden traballo de mesa, neste PDF atoparedes unha serie de fichas feitas especialmente para eles, con palabras traballadas en clase e que se pronuncian igual que se escriben.
En ningún caso van dirixidas aos peques da clase de 3 anos, eles poden facer as dúas últimas fichas do PDF que son de debuxar e colorear :) Premendo na imaxe podedes acceder a el. 

Espero que todos estes recursos vos sexan de utilidade. Mándovos un montón de bicos e apertas!

Teacher Marta

No hay comentarios:

Publicar un comentario