Mostrando entradas con la etiqueta Patio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Patio. Mostrar todas las entradas

miércoles, 24 de octubre de 2018

OS TRONCOS DO NOSO PATIO

O CONCELLO DE MOAÑA E A COMUNIDADE DE MONTES REGALÁRONNOS UNHA 

SORPRESAAAAA!

UNS TRONCOS IMPRESIONANTES PARA  FACER EQUILIBRIOS E XOGAR! 

MIRADE QUE BONITO QUEDOU O NOSO PATIO!




OS XOGOS DO NOSO PATIO

AS FAMILIAS DE VERDUCEDO SABEN PINTAR MOI BEN. ESTE ANO PINTARON UNS XOGOS ESPECTACULARES NO NOSO PATIO. ESTAMOS APRENDENDO A FACER CIRCUITOS, A XOGAR A MARIOLA E AOS LABIRINTOS. É SUPERDIVERTIDO! ENCÁNTANNOS. GRACIÑAS FAMILIAS, SODES @S MELLORES!



martes, 17 de marzo de 2015

NOVEDADES NA HORTA

Está a punto de comezar a primavera e, un ano máis, a nosa horta cobra vida.
Víctor, o pai de Sayra, axudounos a prantar unhas leitugas e tomateiras e a facer limpeza na horta. Agora xa sabemos que temos que vixiar todos os días as nosas prantas...non vai ser que algúns bechiños aproveiten e nos deixen sen nada.

Aquí tenes unha mostra do ben que o pasamos.








miércoles, 14 de enero de 2015

QUE ANDAREMOS ARGALLANDO?

Comezamos un novo trimestre e notanse cambios no ambiente e decoración do cole....rematou o outono, ainda que podemos seguir xogando coas follas secas no patio...





pero na decoración do cole algo está cambiando..... Bonecos de neve e gorros porque xa está aquí o inverno!!!

Pero iso non é todo...xa que na nosa biblioteca temos un castelo onde vive un dragón!!! Gustaranlle os libros?

E que pasa coas clases? Parece cousa de maxia!!!.....de un día para outro apareceron extrañas murallas.

viernes, 24 de octubre de 2014

EDUCACIÓN VIAL IMPROVISADA

O xoves a profe Luisa levou ao patio unhas tizas moi grosas e debuxou no chan un coche e un anaco de estrada.....e só ese debuxo deu para moito....enseguida se puxeron os nenos e nenas mans á obra....e fixeron unha estrada enorme, con sinais de trafico e pasos de peóns. Xa tiñan un circuito para as bicis e motos.
Pasarono xenial!!!