jueves, 7 de octubre de 2010

PRIMEIROS CUMPLES DO CURSO




Estimadas familias;


O pasado venres día 1 de outubro, celebramos no cole os cumpleanos dos nenos que cumpriron no verán e máis no mes de setembro. Así, na clase de tres anos cumpriron Borja e Óscar, na clase de catro anos Pedro, Luis, Nico e Antón, e, na clase de cinco anos Pablo e Ángela.




No cole fixemos unha festa, con gusanitos, patatillas, gominolas...sopramos as velas da tarta, cantamos o cumpreanos feliz, bailamos e pasámolo moi ben. Despois vimos unha película de Dora a exploradora.




Foi un día moi divertido e gustounos moito celebralo xuntos. Estamos xa desexando que cheguen os do próximo mes, ata entón, esperaremos.




¡MOITAS FELICIDADES NENOS E NENAS!

1 comentario: