viernes, 15 de octubre de 2010

VISITA DO CONTACONTOS SOLIDARIO


O pasado mércores día 13 de outubro visitounos o contacontos solidario e, con el, disfrutamos de distintos contos sobre a paz e a non violencia. Visitou as nosas clases e logo tíñanos preparada unha sorpresa e contounos un conto baixo as frondosas ramas do noso carballo.


Disfrutamos moito cos seus contos que falaban de África, de nenos que non tiñan que comer e aos que axudabamos, de guerras rematadas e dun mundo cheo de PAZ. Unha PAZ pola que todos debemos loitar.

Aquí vos deixamos o enlace para que comprobedes a que se adican os encargados deste proxecto: http://www.contosolidarios.org/enlaces.htm. ¡¡Disfrutádeo!!


AXUDEMOS AOS NOSOS PEQUENOS A VALORAR A PAZ

No hay comentarios:

Publicar un comentario