domingo, 16 de enero de 2011

ASAMBLEA XERAL


O mércores 12 de xaneiro tivemos a 1ª asamblea xeral deste novo ano. Falamos dos xoguetes que nos trouxeron os Reis Magos e do agradecidos que estamos. Tamén do afortunados que somos por poder disfrutalos e da importancia de compartilos.



Logo as profes contáronnos un conto titulado "Ovelliña dáme la". Un relato de inverno para combater o frío. Un texto rimado que potencia a amistade, o diálogo e o valor de compartir.





No hay comentarios:

Publicar un comentario