lunes, 17 de enero de 2011

NOVO EQUIPAMENTO

O sábado 15 de xaneiro o equipo de fútbol da Escola de Verducedo estrenou novo equipamento. Como podedes ver é moi bonito, e temos que dar as grazas a "Perruquería Nieves Táboas" e "Construccións Gerardo Couso" que foron os que doaron a equipaxe. Xogamos contra o equipo do colexio de Seara e foi un partido moi intenso e cheo de emoción. Ao final gañamos o encontro cun magnífico resultado: Verducedo 5 - Seara 2.
Que ben o pasamos! Grazas a todos e todas polo voso apoio!.
A nosa nova Equipaxe


Raúl, Simón, Pablo Fernández, André
Pablo, Yanira, Iker e Mario


No hay comentarios:

Publicar un comentario