martes, 24 de mayo de 2011

PROTAGONISTA DA SEMANA

Esta semana o protagonista foi RAÚL PIÑEIRO.

Raúl trouxo ao cole de Verducedo algúns dos seus mellores tesouros. Fotos de cando era máis pequeno e roupa actual que demostra a súa aficción por Spiderman. Raúl informounos de que os seus xoguetes preferidos son: o polbo Pol, o coche de Raio McQueen e o robot Wualy. A peli que máis lle gusta titúlase "Cómo entrenar a tu dragón". Aproveita tamén para ler pequenos libros cos que disfruta como "Toby en la granja" e "Los animales salvajes".


RAÚL e o polbo POL no recanto do protagonista.

O que máis lle gusta do cole é debuxar e colorear. Na súa casa Raúl disfruta moitísimo xogando ao fútbol co seu pai, pois fixádevos no debuxo que ten no seu recanto. Está feito un artista!


RAÚL lendo un conto aos seus compañeiros.


Grazas a Raúl e a súa familia por compartir estes momentos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario