viernes, 27 de mayo de 2011

PROTAGONISTA DA SEMANA

O protagonista desta semana é SIMÓN.

A verdade é que Simón é protagonista por partida dobre porque ademais de ser a súa semana, hoxe tamén celebramos os aniversarios do mes de maio, e Simón era un deles.

SIMÓN trouxo para o seu recanto moitísimas cousas como roupa de bebé, un babeiro, contos, fotos, películas de DVD, peluches...

Contounos que unha das cousas que máis lle gusta é xogar á WII co seu curmán Joel e a Play con Raúl. Outra das súas paixóns é o fútbol, e disfruta abondo xogando co seu equipo do cole de Verducedo, que por certo van xogar as semifinais da Copa da LIGA.


Simón léndolles o libro que trouxo "Cuentos para ir a dormir" aos nen@s .

Díxonos que o seu conto favorito é "Os tres bandidos", e que na escola as actividades que máis lle interesan son as relacionadas coa lóxica matemática: puzzles, construcións, xogos de clasificar, dominós...


Simón e a súa nai Lupe no recanto do Protagonista da semana.

Grazas a toda a familia por colaborar neste proxecto. Moitos Bicos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario