domingo, 5 de junio de 2011

A PROTAGONISTA DA SEMANA

Esta semana a protagonista é YANIRA.


Yanira trouxo para o seu recanto moitas fotografías da infancia, un peluche de Tweety (Piolín), xoguetes, contos e un vestido vermello super moderno. Ensinounos un conto moi bonito titulado "Siete historias de ponys". Contounos que o que máis lle gusta é xogar ás bonecas coas compañeiras do cole, pero sobre todo con Zulay e Ángela.


YANIRA, no seu recanto co libro que nos amosou a tod@s.


Tamén nos dixo, que outro dos seus xogos favoritos é o da "Pita", xogo que lle encanta compartir con Uxía Rúa. Presentounos a súa familia, a súa nai, e ao seu irmán pequeno, que viñeron ao cole par compartir este fermoso momento con nós.



YANIRA rodeada do cariño da súa nai e de seu irmán.


Moitííííííííííííísimas grazas por pasar con nós estes momentos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario