jueves, 9 de junio de 2011

A PROTAGONISTA DA SEMANA

A protagonista esta semana é ZULAY.

Zulay trouxo nesta semana tan especial cousas importantes da súa infancia que quixo compartir co resto dos compañeiros/as da clase. Ensinounos roupa, dende uns lindos patucos ata un fermoso vestido con chaqueta e gorro a xogo. Pois Zulay xa era moi fashion dende bebé! Tamén trouxo un álbum cheo de fotos de momentos divertidos, e fixo un autorretato con todo luxo de detalles para colocar no seu recanto. Pero un dos obxectos máis importantes que amosou foi o seu peluche favorito Winnie The Pooh, que emite contos marabillosos e divertidas cancións e que llo regalou Papá Noel cando Zulay tiña tan só un ano.


Zulay no seu recanto con Winnie the Pooh.

No cole co que máis se divirte é compartindo xogos no patio cos seus compañeiros. Un dos que máis lle gusta é "Xogar ás agachadas", tamén ao "Pasimisí, pasimisá" e ao xogo do "Pano". Pásao moi ben estando coa súa familia, en especial coa súa nai Mónica e tamén coa súa madriña Vanesa que a leva de paseo a moitos sitios.


Zulay coa súa madriña Vanesa.

Grazas Zulay por seres tan divertida e contaxiarnos tanta alegría!

No hay comentarios:

Publicar un comentario