miércoles, 18 de marzo de 2020

AULA DE MARUXA (5 ANOS)

BO DÍA A TOD@S!FAMILIAS E NEN@S!
QUERO COMPARTIR CON VÓS ALGUNHAS ACTIVIDADES QUE ESTÁBAMOS A FACER NA ESCOLA E QUE PODEDES CONTINUAR NA CASA, NA MEDIDA DA VOSA DISPONIBILIDADE E SITUACIÓN.

COMO XA SOMOS OS MAIORES

PODEMOS XOGAR A CREAR A SILUETA DE NÚMEROS E LETRAS. PODEDES EMPREGAR PURPURINA, PEGATINAS, BOTÓNS, CORDAS OU CORDÓNS, PLASTILINA.....E XOGAR CON ELAS A FACER AS PALABRAS QUE NOS GUSTAN E COS NÚMEROS PODEMOS XOGAR A REPARTIR, CONTAR, SUMAR, RESTAR O QUITAR...
TODO O QUE SE NOS OCURRA. 

             
                             

NÚMEROS PARA IMPRIMIR          LETRAS MAIÚSCULAS e minúsculas PARA IMPRIMIR

COMO NOS ENCANTA O MONOSÍLABO, PODEDES XOGAR ÁS ADIVIÑAS


COMO NOS ENCANTA A ARTE E A RECICLAXE, ANIMÁDEVOS A CREAR E REUTILIZAR  
FACENDO XOGOS E XOGUETES CASEIROS



GÚSTANOS XOGAR COAS MANS E ASÍ GAÑAMOS MOTRICIDADE FINA NECESARIA

 PARA APRENDER A ESCRIBIR COMA OS MAIORES



A CANTAR CON UXÍA LAMBONA, UN ADIANTO DO SEU NOVO CD, QUE LEVAMOS NA MOCHILA VIAXEIRA. ASTRONAUTA SIDERAL, PODEMOS SER O QUE QUEIRAMOS SER NA VIDA!



COMO NOS ENCANTAN OS CONTOS, AQUÍ VOS DEIXO O CONTO DA MOSCA CHOSCA


OS VENRES É O DÍA DE CINE, ASÍ QUE PODEDES APROVEITAR PARA VER UNHA CURTA DE VALORES EN FAMILIA


E POR ÚLTIMO, NON VOS ESQUEZADES DE DESCANSAR. UN POUQUIÑO DE IOGA NON ESTARÁ MAL. 


AGARDO QUE ESTES RECURSOS VOS SEXAN ÚTILES. UN SAÚDO E MOITOS BEISIÑOS E APERTAS EN FORMA DE CANCIÓN.



A PROFE SARA



No hay comentarios:

Publicar un comentario