miércoles, 18 de marzo de 2020

AULA DE FITI (3ANOS)


OLA FAMILIAS!

Durante as semanas pasadas na aula, os nenos e nenas da clase de 3 anos empezábamos a praticar coas tesoiras.
Xa hai quen ten un dominio case perfecto do tema, pero a outros estalles a costar un pouco máis.
Practicar a habilidade de recortar coas tesoiras fomenta o desenvolvemento da motricidade fina que require precisión e coordinación.

A continuación vos propoño algunhas actividades que podedes facer e que contribúen a adquirir a forza necesaria para abrir e pechar as tesoiras sen problema e a fortalecer os dedos para traballar a motricidade fina.
Son consciente de que moitas familias non están na casa porque tendes que ir traballar, que ás que traballades dende casa se vos complica a cousa porque precisades tempo para desenvolver o voso traballo (dou fe), que ante esta situación de confinmento moitas veces non dispoñemos na casa de moitos productos que nunha situación normal iríamos a mercar sen máis…
Por iso quero aclarar que isto somentes é unha proposta de actividades, non son para nada obrigatorias, nin necesarias, somentes son actividades que se poden facer en casa se vos apetece.


* Rasgar trozos de papel cos dedos. É importante que empreguen os dedos para esta actividade e non a man completa. Os trozos deben rasgarse cos dedos índice, corazón e pulgar e intentar que os anacos de papel sexan pequenos, ó principio serán máis grandes, pero pouco a pouco serán capaces de rasgar trozos máis pequenos. Podedes empregar papel de xornal que é bastante blandiño, revistas, papel de cociña, folios…

*Xogar coa plastilina. Amasar, moldear, romper trocitos, peliscar a plasti… E si, xa sei que non todos tendes plasti na casa, pero vale calquera tipo de masa, se facecedes empanada podedes deixarlle un anaco para que xogue, ou masa de galletas que despois se poden comer.... Tamén vos deixo unha receta de plastilina casera por se vos animades a facela.
Cómo hacer plastilina casera sin cocción ni agua caliente
Ingredientes
  • 3 tazas de harina
  • 1 taza sal fina(cuanto más fina, mejor)
  • 1 taza de agua
  • 2-5 cucharadas de aceite, yo uso de girasol pero vale cualquiera (empieza añadiendo dos cucharadas)
  • colorante alimentario (opcional)

Elaboración

Pon todo junto en un molde y mezcla bien.
¡Listo!
¡A jugar!
Si crees que la textura es demasiado dura, añade un poco de aceite. No te preocupes demasiado por que en cualquier momento puedes añadir más. Ante la duda, no añadas más. Al día siguiente la masa suele estar mas maleable.
Opcionalmente puedes dividir en trozos y ponerles colorante. Mezcla lo suficiente para que el colorante deje de manchar y listo. Según jugáis, la masa irá cogiendo el color.


*Pegar pegatinas: esta é unha actividade fantástica e que lle divirte moito ós nenos e nenas. Ademáis de pegar as pegatinas (gomets de cores ou pegatinas pequenas de calquera temática) é importante que practiquen a despegalas do papel onde veñen xa que, normalmente esta acción require de máis precisión.
*Pintar cos dedos: ademáis de súuuuper divertido e estimulante é un traballo estupendo para fortalecer os dedos, sobretodo o dedo índice, así que si tendes témperas… arriba ese dedo pintor! (recordade que as pinturas que empreguedes deben ser aptas para o seu uso en nenos e non tóxicas). Na rede hai multitude de recetas de pintura.
Ingredientes para la pintura casera:
- 1 taza de harina de trigo
- Colorante o Pintura vegetal comestible
- 3 tazas de agua

Cómo hacer pintura casera, paso a paso:

1. Poner las tres tazas de agua en una cacerola al fuego.
2. Cuando hierva, se retira del fuego y se le añade una taza de harina (previamente disuelta en agua fría). Remover para evitar que se formen grumos.
3. Cuando todo esté mezclado, llevar otra vez al fuego y dejar hervir por un minuto más.
4. Se retira la mezcla del fuego, se la reparte en distintos recipientes, y se le añade a cada uno de ellos, la pintura o el colorante del color elegido.
5. Una vez que las pinturas estén tibias, utilizarlas en hojas de papel blanco o de cartón.  

Si sobra pintura, guardarla en la nevera, y cuando vayan a utilizarla otra vez, deberán calentarla un poco. Por lo demás, solo se debe esperar a que el bebé exprese su creatividad, utilizando no solo los dedos, sino también los pies para pintar.


*Colocar pinzas da roupa: podedes pedirlle ós nenos que vos axuden coa colada ou prestarlle unha caixa con pinzas e que teñan que colocalas no borde da caixa. O traballo faise colocando as pinzas e apretando para sacalas. Se con pinzas de cores podedes aproveitar para facer clasificacións e poñer só as verdes, ou cada cor nun lado, poñer un número determinado de pinzas… (recordade que recoñecen case todos os números do 1 ó 10 pero aínda non practicamos as grafías. Estamos traballando o recoñecemento do número e asocialo á súa cantidade).

*Ensertar: no cole temos varios materiais para practicar esta habilidade que consiste en ensertar bolas en fíos, ou láminas de plástico por buratos, os “pinchitos” que teñen que colocar nos seus buratos… Na casa podemos facer colares de macarróns ou palliñas cortadas, ensertar macarróns en pallas… Se tendes gomas podedes pedirlle ós nenos que as coloque en tubos de cartón do papel hixiénico ou de cociña… Ou mesmo empregar as btellas vacías para enroscar e desenroscar as tapas.

Tamén podedes debuxarlle recorridos nunha folla de papel ou no chan (con cinta adesiva) e que vaian cubrindo ese circuito con obxectos que teñades na casa. Poden ser grandes como xoguetes, coches, pelotas ou pequenos como pedras, garvanzos, alubias, boliñas de plastilina ou de migas de pan reseso. Esta última opción traballa a motricidade fina de xeito máis activo, pero igual a primeira opción lles resulta máis atractiva.



*Percorridos: Tamén podedes debuxarlle recorridos nunha folla de papel ou no chan (con cinta adesiva) e que vaian cubrindo ese circuito con obxectos que teñades na casa. Poden ser grandes como xoguetes, coches, pelotas ou pequenos como pedras, garvanzos, alubias, boliñas de plastilina ou de migas de pan reseso. Esta última opción traballa a motricidade fina de xeito máis activo, pero igual a primeira opción lles resulta máis atractiva.

*Trasvases: facer trasvases de obxectos con pinzas será unha súperctividade de control e coordinación. No cole o facemos con pompóns de cores pero tamén podedes trasvasar trociños de algodón, ou cousas máis duras como garvanzos ou botóns, tapas… Tamén se poden trasvasar líquidos se tendes pipetas ou contagotas. 
*Recortar: empregar as tesoiras para o propio acto de recortar. Como xa vos dixen, hai nenos na aula que dominan perfectamente esta actividade (o que non quere decir que non deban seguir practicando as destrezas motrices finas para dominar a habilidade (coller un lápiz correctamente e ser quen de facer os trazos necesarios para a escritura). Se tedes tesoiras adaptadas para as súas mans (unhas tesoiras demasiado grandes no lles servirán, ou tesoiras de diestros para nenos zurdos) podedes deixalos practicar. Poden facer recortes sen máis ou lle podedes propoñer “camiños” que poden seguir. Isto lle axudará a traballar a coordinación porque a man tenque ser capaz de abrir e pechar as tesoiras, ter a forza para “empuxalas” e o dominio da coordinación viso-manual para seguir o percorrido.










Na rede existen multitude de opcións, ideas e recursos nos que vos podedes inspirar. Eu somentes quixen contarvos un pouco algunhas das cousas que estaríamos facendo estes días na escola cos pequenos da miña aula e que podedes practicar na casa se vos apetece e tedes tempo que sei que cada familia se organiza dun xeito diferente.

Tamén vos deixo os videos das cancións que cantamos e traballamos habitualmente na escola. Algunhas non son exactamente iguais porque as versionamos ou traducimos, se lles pedides que volas canten tamén será un exercicio para recordar as rutinas do día a día e seguro que vos sorprenden. Ademáis vos deixo outro vídeo de outra das rutinas que facemos cando entramos do patio, despois de quitar as botas buscando un ratito de calma, intentade seguir as posturas con eles. 

Recordade que cada dous días temos un #reto novo no blogue da biblioteca https://recantorosalia.blogspot.com/ e que pola noite publicamos as fotos que nos enviades cos retos cumplidos. É importante que se manteña o contacto coa escola e este é un canle que proporcionamos para que non se “descolguen”. No blogue da escola estamos colgando tamén recursos e ideas.

Non deixarei de repetir que nestes días debemos valorar o positivo que é que, queiramos ou non, os tempos de convivencia na familia son maiores. Que estamos deixando voar a imaxinación para proporcionarlle ós pequenos momentos de diversión e entretenemento máis aló das pantallas (porque diso tamén se aburren), estamos falando máis e coñecéndonos mellor (seguro que deste tempo aprendedes algo novo dos vosos fillos e das persoas coas que estades convivindo, algo que descoñecíades), aproveitade para que eles tamén coñezan algo novo voso, bailade, cantade, preguntade que cousasa botan de menos da escola e cales non, preparade un cine na casa, descansade xuntos…
 

Saímos todos os días agradecerlle os sanitarios ó seu esforzo, pero nos acordamos dos máis pequenos? A maioría non chegan a comprender a magnitude do asunto, nin a importancia ou o xesto de madurez e cooperación que estamos levando a cabo quedándonos na casa. Así que propoño que lles recordemos todos os días o en que o están facendo e que lles prometamos un día familiar en espacios abertos para cando isto remate. Un aplauso para todos os pequenos e pequenas polo seu súper esforzo!!!!

A profe Noela

MILES DE SÚPER BICOS E APERTAS PARA TODOS!!!



EL CUENTO DE LAS MARIPOSAS, UN POUQUIÑO DE YOGIC

A CANCIÓN DE BO DÍA, PARA SALUDAR POLAS MAÑÁS


SACAMOS OS PRISMÁTICOS, SACUDIMOS FORTE FORTE E DECIMOS...

AAAANDANDO POLO CAMIÑO...

UN COCODRILO CAMINA CON SIGILO

¡QUE LLEGA EL LOBO!



No hay comentarios:

Publicar un comentario