Queridos nenos e nenas!!
Hoxe foi o noso primeiro día de cole e todo saíu moi ben.
Nós tiñamos moitas ganas de vervos e volver a compartir tempo con vos e sabemos que algúns de vos estabades desexando entrar de novo pola porta do cole.
Este ano hai novas incorporacións entre nos.
Entre as profes hai dúas novas, a profe Lucía que será mestra de catro anos e a profe Belén que será a mestra de Inglés.
Entre os nenos hai tamén unha incorporación nova na aula de cinco anos, Helena. BENVIDA!!!
Tamén temos 20 novos alumnos en tres anos. BENVIDOS!!!
E, temos tamén pena de dicir que temos dúas baixas, as dúas na clase de catro anos, Airas e David, botarémosvos moito de menos...a ver se pasades a visitarnos!!
E, nada máis, so desexar para todos que sexa un ano moi feliz e proveitoso!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario